6, 7 e 8 de Setembro. 2019 \\ CARRIL 

O

FESTIVAL

UN POBO CHEO DE MÚSICA E FESTA PARA TOD@S

O Ameixa Rock, organizado pola Asociación Cultural Ameixa Rock dende o ano 2013, cumpre este ano a súa séptima edición co obxetivo de fomentar a cultura, o idioma e o mar mediante a música rock e actividades paralelas, manteñéndose o principio de gratuidade do festival para así chegar a un amplo número de público.

Aproveitando o entorno de Carril, realízanse accións que teñan ó mar e a natureza como protagonistas e así por en valor a tradición mariñeira do noso pobo.

Non hai idade para pasalo ben, no Ameixa Rock temos para tódol@s ameixas da comarca!!!!

A

MÚSICA

LOGO-NEO.jpg
52842297_2237496199823584_40079672347050
LOGO TNT BAND.jpg
12063472_932017656834807_451874513080034
50519882_820427111629451_220814921924240
Perfect Strangers (1).jpg
LaDuendeneta.jpg

Para esta edición soarán:

Malasömbra

O grupo que gañou o III Concurso de Bandas Emerxentes Ameixa Rock e o coruñés Malasömbra, que abrirá os concertos en Carril, acompañando a TNT Band, Terbutalina e N.E.O.

A banda, fundouse no ano 1996, e a súa formación actual a compoñen: José no baixo, Carlos na batería, Luís y Juan nas guitarras e Manuel poñendo a voz.

Teñen dúas maquetas, a primeira sin título, do ano 2.000, e "Hombre sin Fe" do 2.003, e no ano 2.008 editan o seu primeiro disco, "Círculo Mágico".

No 2.018 sae a luz o Ep "Pienso en ti", adianto do seu próximo disco.
Premios:

- 1997: Finalistas no I Concurso de maketas Cuac FM.

- 2002: Gañadores do concurso "III Festival Rock La Cueva del Pirata".

- 2014: Grupo gañador da Batalla de Bandas, Sada (Fase Local).

- 2015: Banda gañadora do concurso "Novo Son 2015", da Radio Galega.

TNT Band

Os vilagarciáns, a pesares da súa xuventude, xa teñen un percorrido no mundo da música, con momentos inesquecibles, como telonear a Rosendo ou as duas participación no Musicaula School Festival, quedando no pasado 2018 nun meritorio segundo lugar entre as máis de 100 bandas do estado que se presentaron.

O seu primero traballo: “Parte colectivo”, contén 8 trallazos que lle pintan a cara a todos aqueles que din que ésta música está morta e non hai bandas que continúen o legado dos clásicos do r&r.

Neste 2019 se presentan con gañas de come-lo mundo, defender ós seus temas en todos os escenarios nos que lles deixen subir e cun cambio na batería que agora aporrea duramente Serxio. TNT Band chegou para quedar e dar guerra a todos eses sons pregravados, as voces apañadas con autotune, as melodías repetitivas e faltas de sentido musical e ó postureo que se estila hoxe en día. E o fan como mellor saben, con duas guitarras, un baixo, unha batería, distorsións, unhas letras comprometidas e unha enerxía en directo que merece a pena sentila.

N.E.O.

O maestro da guitarra Alberto Cereijo e o seu compañeiro en “Los Suaves”, o batería Tino Mojón, volven a contar co baixista Diego P. Castro, incorporando como novidade ao cantante galego Pedro regueira, neste novo proxecto que leva por nome N.E.O , o seu primeiro traballo discográfico foi editado en Xaneiro do 2019, baixo o título “N.E.O – Objeto cercano a la Tierra”.

Traendo novos aires para a escena do rock nacional con grandes melodías que quedan na mente á primeira escoita, guitarras contundentes y letras combativas apoiadas por unha progresiva e poderosa base rítmica. Cancións destinadas a perdurar.

Terbutalina

Esta banda de Esteiro (Muros) ven de pasear o seu rock'n'roll por festiváis como Son Do Camiño, Fuzzville, Son Rías Baixas…lugares nos que compartiron cartel con nomes como Siniestro Total ou Manu Chao. No 2014 consiguiron o "Premio ao Mellor Álbum en Galego" nos "Premios da Música Independente" co seu disco A MUERTE. No 2015 lanzan AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, grabado por Tomás Ageitos nos estudios “A Ponte” e masterizado por Jim Diamond ( The White Stripes, The Sonics…).

Coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra “Eroski-Paraíso” consiguen o “Premio María Casares 2017” á “Mellor Música Orixinal”.

E agora volven con un LP de dez coplas de rock'n'roll no que a banda vai dende o punk ao pop, e desde o rock ata a música tradicional galega.

The Velvet Crab

E un grupo acústico de versións clásicas (pop, soul, rumba, folk e rock) das Rías Baixas. Caracterízanse pola variedade de estilos que abarcan e pola voz da súa vocalista, Amber Bevan.

Perfect Strangers

Creados no 2013, o dúo de versións acústicas “Perfect Strangers” distíngese polo seu amplo repertorio que inclúe temas dende os 60´s ata a actualidade.

Pertencentes a diversas fomacións, os compoñentes Eduardo Oubel (Vocalista en Turboláser y Strikkers) e Gonzalo Cortés (Guitarrista en Vado permanente, Tío James, Lúa Kornuda, Seangles, Turboláser) deciden unirse nesta divertida viaxe a trevés da música, persoalmente versionada, co fin de divertirse e facer disfrutar aos asistentes.

La Duendeneta

A disco-móbil de Vilagarcía e comarca por definición, imprescindibles en calqueira festival que se precie, con sesións cheas de diversión e bo gusto pola música e con unha das postas en escea máis orixináis. Decir Duendeneta e decir diversión.

Dj Barbitúrico

Mitad valenciano mitad galego, 100% Carrilexo, dj Barbitúrico traerá a súa sesión máis Ska ao Ameixa Rock, deleitando os nosos sentidos entre directo e directo.

CARTEL

PROGRAMA

VENRES 6:
19:00 - DANI GARCÍA
  • PRAIA DA COBACHA
20:00 - SAÍDA RUTA NOCTURNA A CORTEGADA Prezo especial Festival (NECESARIO FACER RESERVA) + info
22:30 - FESTA CARNAVAL ROCK (agasallos para os disfrazad@s)
  • PRAIA DA COBACHA
SÁBADO 7:
11:00 - SAÍDA RUTA A CORTEGADA Prezo especial Festival
(NECESARIO FACER RESERVA) + info
  • PEIRAO DE CARRIL
12:00 - FEIRA SOLIDARIA
  • PRAZA DA LIBERDADE
13:00 - SESIÓN VERMÚ con PERFECT STRANGERS
  • ESCENARIO PRAZA DA LIBERDADE
17:00 SAÍDA RUTA A CORTEGADA Prezo especial Festival
(NECESARIO FACER RESERVA) + info
  • PEIRAO DE CARRIL 
17:30 - OLIMPIADAS MARIÑEIRAS
  • PRAIA DA COBACHA 
19:00 - ASSIRCÓPATAS
  • PRAZA DA LIBERDADE
CONCERTOS\\PRAZA DA LONXA 
  • ESCENARIO AMEIXA ROCK
21:00 - DJ BARBITÚRICO
22:00 -  MALASÖMBRA (gañador I I I concurso de bandas)
23:05 - TERBUTALINA
00:15 - N.E.O.
02:45 - TNT BAND
03:45 - DJ BARBITÚRICO
DOMINGO 8:
10:30 - EXHIBICIÓN CANICROSS + info
  • MONTE DE SAN ROQUE
13:00 - SESIÓN VERMÚ con THE VELVET CRAB
  • PRAZA DA LIBERDADE

Colaboran:

Organiza:

Subvencionan:

  • Facebook B&W
  • Twitter B&W
  • YouTube B&W
This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now