top of page

QUEREMOS SER O IMPULSO QUE A TÚA BANDA NECESITA. NESTE CONCURSO, A NOSA MISIÓN É DARLLE VISIBILIDADE ÁS NOVAS VOCES DA ESCENA GALEGA, OFRECENDO UN ESCENARIO PROFESIONAL E OPORTUNIDADES ÚNICAS DE CRECEMENTO. CREMOS NO PODER DA MÚSICA EN DIRECTO E NO TALENTO EMERXENTE QUE NACE NAS NOSAS RÚAS. A BANDA GAÑADORA TERÁ A POSIBILIDADE DE ACTUAR NO AMEIXA ROCK 2026.

BASES DO CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES

PREMIO ABRIR FESTIVAL + 300 €

1-Obxecto

O presente concurso ten como finalidade apoiar e promover bandas emerxentes, ofrecéndolles a oportunidade de actuar como apertura do festival AMEIXA ROCK 2026, así como un premio económico de 300 €.

2-Participantes

A organización aceptará únicamente traballos dos estilos: indie, rock e pop, e indispensable contar cun repertorio de 40 minutos de actuación (pódese incluir algunha versión). Consideraranse “emerxentes” aqueles proxectos sen contrato discográfico multinacional ou cunha traxectoria profesional inicial. Polo menos un dos membros deberá ser maior de idade. Valorarase positivamente a vinculación con Galicia.

3-Inscrición

A inscrición será gratuíta.

Prazo: desde o 1 de abril ata o 1 de maio. As candidaturas deberán enviarse a: ameixarockcarril@gmail.com, incluíndo:

dous temas inéditos en formato MP3 e calidade de128 kbps e cun tamaño máximo de 20 Mb (valorarase enlaces a youtube, soundcloud, bandcamp, etc.) incluir tamén nome da banda, pequena descripción, un logo/foto do grupo e datos de contacto.

4-Xurado

O xurado estará composto por membros da organización e/ou colaboradores.

5-Dereitos de imaxe

A participación implica a autorización para que a organización poida utilizar imaxes, vídeos e gravacións das actuacións con fins promocionais.

6-Aceptación das bases

A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.

7-Organización

O concurso está organizado pola Asociación Cultural Ameixa Rock.

8-Normas xeráis ​

1.No caso de non chegar a un acordó, o premio poderá ser cancelado pola organización.

2. A organización resérvase o dereito a expulsar a un participante se a súa conducta ou actitude e considerada perxudicial para a imaxe do concurso. O feito de participar no concurso implica a aceptación e conformidade de estas bases. Quedará automáticamente descalificado o grupo que incumpra as mesmas.

3. A organización resévase o dereito de modificar as presentes bases ou as fechas do concurso. Calqueira modificación será publicada nas nosas redes sociáis.

4. A Asoc. Ameixa Rock resérvase o dereito de anular o concurso en calqueira momento por causas maiores.

5. O premio non poderá ser obxecto de cesión ou alteración.

Marcas VGA365ConcelloVilagarcia Contratipo.png
cultura-lingua-xuventude-positivo.png
bn_positivo_horizontal.png

© 2026 Creado por Asoc. Ameixa Rock con Wix.com

bottom of page